ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Xornada de degustación das Ostras do Ártabro en Fene. Unha iniciativa as confrarías de pescadores e Barallobre e Pontedeume que se vai celebrar a partir das sete na carpa situada na Praza do Concello.

O Concello de Fene acollerá este martes 14 de xullo unha xornada de degustación dedicada ás Ostras do Ártabro, unha iniciativa que busca divulgar e poñer en valor este produto do mar a través dunha experiencia gastronómica aberta ao público.
A programación comezará cun acto de benvida institucional no que participarán representantes do Concello de Fene, da Confraría de Pescadores de Barallobre, do GALP Golfo Ártabro Norte e da Consellería do Mar. Presentarase despois o proxecto Ostras do Artábrico, para a promoción deste recurso mariño. A continuación, Paula Patiño (ACastrexa) ofrecerá unha degustación de ostra rizada en conserva e para rematar haberá unha sesión de cociña en vivo a cargo de Nair González, chef do restaurante Muelle 43, que elaborará diferentes propostas culinarias coa ostra como protagonista.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, sinalou que “este tipo de iniciativas contribúen a promover o consumo de produtos de proximidade, apoiar ás confrarías e poñer en valor a riqueza gastronómica do noso territorio”.
Publica o teu comentario agora