Oteando o derbi

Mugardos B 0- Perlío 3 no encontro xogado na Pedreira
20 de Xaneiro, 2020 - 10:45 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío é segundo cun partido menos. Quere dar o "arreón" no derbi da próxima semana.

ESCOITA O PODCAST:

Soplaba forte o vento na mañá do domingo na Pedreira, por iso a quen lle tocaba en contra acababa perxudicado. Tocoulle en contra ao Perlío na primeira metade do encontro por iso lles custou arrancar. Aínda así marcou Iago antes do descanso. Na segunda parte, todo foi a favor do Perlío, non so o vento, segundo o técnico Chechu Piñeiro.

O Perlío empeza a dominar o partido, a ter a posesión do balón e chega o segundo tanto a pase de Isma e remate de Dani Varela. No último minuto coroan o marcador co terceito tamén de Varela. Curioso deste encontro é a falta de tarxetas por un e outro lado. E aí están os tres puntos estupendos porque dan ao Perlío opcións de poñerse primeiros en calquera momento. Os dos Pinares (12) están a un punto do Maniños (13) e cun partido menos.

Precisamente, para darlle máis morbo á situación, chega o derbi na próxima xornada, un novo Perlío- Maniños. Afirma Chechu Piñeiro que, se gañan, darían un “arreón” importante pero recoñece que “o Maniños está moi ben neste momento, metendo goles e encaixando pouco”.

Deportes

Publica o teu comentario agora