ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Hai que enterrar o modelo neoliberal porque choca frontalmente coas esixencias para frear o cambio climático" afirma a xornalista canadiense Naomí Klein. A defensa dos servizos sociais, educación e sanidade pública debe dar un paso adiante e sumar a esixencia de reducir o cambio climático, segundo indica o xornal dixital Praz
A xornalista, escritora e activista canadense Naomi Klein vén de presentar esta semana en Madrid e Barcelona o seu novo libro, Esto lo cambia todo: el capitalismo contra el clima (Paidós, 2015), un chamamento á unión dos movementos sociais en defensa do concepto de "xustiza climática", unha aposta declarada polas enerxías renovables e a xeoinxeniería e a enésima alerta sobre os riscos que supón o aumento de temperatura no planeta, ante o que é necesario a actuación inmediata por parte da clase política a nivel internacional.
"Se seguimos como ata agora, imos camiño ao desastre pois nos atoparemos con temperaturas de entre catro e cinco graos por riba dos niveis preindustriais nun mundo no que soamente o aumento dun grao xa supón un gran perigo" -incide-. "Non sabemos como será o cambio, pero é seguro que non será compatible cunha sociedade organizada".
O novo volume de Naomi Klein insiste na necesidade de crear unha sociedade democrática máis xusta, ante un sistema económico que non é compatible cos obxectivos na redución de emisións. "Hai que enterrar o modelo neoliberal porque choca frontalmente coas esixencias para frear o cambio climático". Por iso -asevera-, a mobilización é importante: "Necesitamos verdades poderosas que anulen as mentiras do capitalismo".