Ouh, barrio leilido!

Ouh, barrio leilido!
25 de Febreiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Xosé María Pérez Parallé referíase a Canido en Ferrol como o barrio leilido. Naceu nese barrio de Ferrol o catro de agosto de 1909, só uns meses antes do nacemento tamén na cidade departamental de Ricardo Carvalho Calero. 

Fotografía Xan Xe

Xose Filgueira Valverde,con gran perspicacia literaria recoñece a Pérez Parallé como un poeta importante. O segrel forma parte dun grupo de autores que beben da literatura medieval. Esa é a tradición na que se inclue. Lonxe, pero sempre presente, Rosalía de Castro. A autora de "Follas novas" ensinoulle a todo o mundo a cantar coplas con voz nova e renovada, segundo explicaba o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

Pérez Parallé morreu o 1 de novembro de 1987.

Lembramos os versos adicados ao seu Canido natal:

Canido, Canido
de sol e da rúa
da praza e da lúa
da estrela e da fror
Ouh, barrio leilido
saudades, lembranzas
de ensonos e espranzas
de roldas e de amor.

 

Imaxe da lápida de Xosé María Perez Parallé e de Xoana Porto Ramil no cemiterio parroquial de Barallobre

Fotografía Xan Xe

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora