ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Catherine Deneuve, Gerard Depardieu, Federico Luppi, Chloe Sevigny, Ernesto Sevilla, Ricardo Darín, Pilar Punzano, Elsa Pataky, Luís Tosar... Son algúns dos rostros que poderemos ver en pantalla grande, ata o día 23 deste mes de outubro, no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Case duascentas cintas compoñen o programa deste evento, que na súa décimo sexta edición preséntase cun lema que reclama a impl
Entre as 2.000 cintas candidatas a formar parte da sección oficial, seleccionáronse 118 películas, que se dividen entre cinco apartados competitivos: longas, documentais, curtas, animación e novos medios. A escolla inclúe filmes de 45 países diferentes, con importante presenza de propostas chegadas de Europa de Leste e Latinoamérica. Segundo os organizadores do OUFF, trátase de títulos “comprometidos, que ofrecen unha perspectiva real do que ocorre ao noso redor”.
Á sección competitiva engádense varios ciclos temáticos e xeográficos: Igualdade, Comedia, Visións de América Latina, Visións da Europa Atlántica e Panorama Galiza. Asemade, entre as novidades da décimo sexta edición do festival están os encontros co público, que permitirán a comunicación directa entre os espectadores e os persoeiros do cinema que visiten Ourense