Ouro nos sucos de pan

Ouro nos sucos de pan
20 de Xaneiro, 2022 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

O pan do país, pan de bola ou pan galego é a estrela das panaderías. O sabor dos sucos de pan é ouro, en palabras do escritor Bieito Iglesias. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Usamos fariña galega, afirma con fachenda Daniel Garrote de Pan Perlío. No seu forno fan o pan cada dia con calma e con tempo, deixando levedar e facer a masa, para que non precise de conservantes nen edulcorantes. O pan subiu neste mes de xaneiro o 5%. A barra que antes custaba 95 céntimos pasa a un euro. En Pan Perlío fan pan de barra e de bola que sabe como o de antes, pero aplicando todas as medidas hixiénicas e sanitarias que require a situación. Con luvas para manexar o pan, as entradas e saidas da clientela por portas diferentes, gardando as distancias de seguridade e evitando contactos innecesarios. Como di o escritor Bieito Iglesias, o idioma galego é lingua de ferro no estaleiro e de ouro nos sucos de pan e nos versos.

 

Na imaxe Daniel Garrote de Pan Perlío (Fotografía Xan Xe Corral)

Sociedade

Publica o teu comentario agora