ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O cambio de estación tamén pode afectar aos cans. A veterinaria etóloga Noemí Graña comentou riscos e medidas preventivas para esta época do ano no espazo Radio Animal, no que falamos tamén da seca e dos paseos con gatos.

O tempo de outono adoita ser húmido e “a humidade do chan cambia o sistema parasitario e bacteriano do universo canino”, comenta Noemí Graña. “No verán hai moitísimas pulgas, no outono empezan aparecer máis carrachos”. Para evitar problemas hai que “darlle os tratamentos preventivos que recomenda o noso veterinario”. Sobre a seca que ameaza a moitos concellos galegos, as recomendacións de aforro de auga para as persoas son as mesas que podemos adaptar aos animais. “Non é preciso bañar aos animais cada pouco tempo, hai que intentar reciclar o que poidamos a agua”. A bebida dependerá da alimentación “se comen penso e fan exercicio beben máis, teñen que ter sempre auga dispoñible”.
Pasear o gato
“Os que son activos exploradores, estupendo, hai outros que se saen colapsan polo medo”. En calquera caso, Noemí advirte da necesidade de ter coidado co entorno se sacamos pasear ao noso gato. “Se hai colonias preto é perigoso, poden contraer enfermidades, tamén hai que ter moito coidado cos cans, porque hai xente que os leva soltos”.
Publica o teu comentario agora