ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A borrasca Ingrid causou 264 incidencias en toda Galicia. A maioría dos avisos foron pola presenza de árbores ou pólas caídos nas estradas. Tamén a neve causou complicacións en estradas de Lugo, Ourense e o interior de Pontevedra. Falamos da situación en Fene co concelleiro de Servizos, Adán Chao.

“Houbo moito vento e iso provoocu a caída dalgunha árbore e pólas, as incidencias están en vías de solución, o persoal municipal está traballando arreo para iso”. Nas inmediacións do Casino de Perlío, unha arbore caeu sobre un vehículo. Tamén caida de árbores no camiño da Pegariña en Sillobre e en Rio Castro en Limodre, segundo informou a Policia Local de Fene.
Labores de limpeza
A concellería de Servizos ten en marcha desde decembro unha campaña de limpeza dos contedores de recollida do lixo que se prolongará ata febreiro, anunciou on concelleiro de Servizos. “Un traballo laborioso para manter en boas condicións os aproximadamente 950 contedores que hai no concello”, explicou Adán Chao. A limpeza faise con auga a presión no interior e exterior e tamén na base sobre a que están situados. Os traballos fanse por todas as parroquias, en coordinación co servizo de recollida de residuos.
Publica o teu comentario agora