ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Catro persoas feridas no incendio dunha vivenda en Ferrol

Catro persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao Hospital Arquitecto Macide tras declararse un incendio nunha vivenda situada no número 30 da rúa de Cuntis, en Ferrol. O 112 tivo noticia do suceso ás 05:15 horas, a través dun aviso dos Bombeiros de Ferrol, que se mobilizaban despois de que un particular alertase dun incendio nun piso, indicando nun primeiro momento que non había persoas no interior. Minutos máis tarde, os propios bombeiros comunicaron que podería haber xente dentro da vivenda, polo que se informou tamén ao 061, ademais de dar aviso á Policía Nacional e Local. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia tiveron que evacuar o edificio e afrontar unhas tarefas de extinción que se viron dificultadas pola gran acumulación de material e enseres no interior da vivenda, que foi o que resultou afectado polo lume. Finalmente, o persoal sanitario trasladou a catro persoas feridas ao hospital.
Publica o teu comentario agora