Outro reto ao volante

Outro reto ao volante
15 de Abril, 2026 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

Sobresaínte actuación do equipo formado polo piloto Édgar Vigo e a copiloto Fátima Ameneiro no esixente escenario do Asia Pacific Rally Championship. 

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro lograron unha meritoria quinta posición absoluta e un brillante segundo posto na categoría de dúas rodas motrices do Campionato de Nova Zelandia. Nun contexto moi desafiante, afrontaron unha das probas máis complexas da súa traxectoria deportiva. "O Rally de Otago foi, sen dúbida, unha das experiencias máis esixentes da nosa carreira. Aquí, terminar xa é un logro, demostrando o traballo e a evolución do equipo", destaca Édgar Vigo antes de afrontar a seguinte proba.

Deportes

Publica o teu comentario agora