Ouvirmos amosa o álbum privado de Paz-Andrade

Ouvirmos amosa o álbum privado de Paz-Andrade

12 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

“O único que lle faltaba era pintar”, asegura Miguel Anxo Seixas Seoane en relación á poliédrica figura de Valentín Paz-Andrade. Resumir a vida dun home que foi avogado, poeta, xornalista, político e empresario foi o reto que enfrontou na Fotobiografía que arredor do homenaxeado no Día das Letras edita Ouvirmos. Acompañan os seus textos máis dun cento de imaxes do álbum familiar do pontevedrés no que o p

A obra está vertebrada en tres capítulos que presentan en orde cronolóxica as instantáneas da vida de Valentín Paz-Andrade : 1898-1936: Galicia labra a súa imaxe, 1936-1975: Cen chaves de sombra e 1975-1987: Sementeira do vento. O obxectivo da Fotobiografía, explican desde Ouvirmos, ofrecer un “encontro íntimo co autor e o seu universo literario e persoal”.

Ademais de para divulgar a figura homenaxeada, a conmemoración do Día das Letras Galegas ten que servir, argumenta Miguel Anxo Seixas, para agradecer a aqueles que, como Paz-Andrade, “fixeron, en tempos moi difíciles, un gran esforzo para que Galicia tivese unha voz no mundo”. 

Cultura