ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A danza chega este domingo ao Teatro Jofre de Ferrol da man da compañía Quique Peón co seu espectáculo Ovay. Unha obra que amosa a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días.
En Ovay mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu.
Os catro puntos cardinais de Galicia serán a referenza principal, como simboloxía dos puntos cardinais da vida, e por medio deles o autor irá na procura do cerne da existencia, explorándoos e experimentándoos, amosando os sentimentos implícitos en cada un. A parte musical conxuga harmonicamente os instrumentos tradicionais e as novas tecnoloxías, usando melodías recollidas de cada zona e mudando de intensidade e significación segundo o requira a parte coreográfica e dramática.
Quique Peón representará Ovay este domingo ás sete da tarde no Teatro Jofre de Ferrol. O prezo da entrada ascende a 7 euros.