Pérez Lugín, Gerardo Roquer e Maniños

Pérez Lugín, Gerardo Roquer e Maniños

19 de Xullo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A casa do capitán Orozco,  o Pazo da Ribeira de Maniños,  aparece fidelmente descrita na novela "A Casa da Troia” de Alejandro Pérez Lugín. O Museo Casa da Troia abre as súas portas a diario desde esta xornada de  martes, 19 de xullo, ata os primeiros días de setembro. Logo de abrir só as fins de semana desde xuño, agora reforza a súa actividade na época de maior presenza de xente na cidade de Santiago de Co

Os horarios de visita son de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas de martes a sábado, mentres que os venres esténdese dúas horas máis, ata as dez da noite. Os domingos e luns permanecerá pechado. Na temporada de verán adoitan visitar o museo romántico entre 1.500 e 2.000 persoas de Europa e América, cifra que pode variar porque non todos os anos se pode abrir o mesmo número de días. O director do museo, Benigno Amor, indica que o relevante é, que cando está aberto, soe haber visitas ao longo de todo o día. “A Casa da Troia” foi a vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela de 1915. Ademais das camas, dormitorios, cociña e sala de becas de tuna e recordos, pode verse como está recreada ao estilo da época, onde destacan unha vitrina con instrumental médico, vaixelas antigas e unha variada colección das múltiples edicións da novela homónima, cada unha coa súa capa ilustrada correspondente. Sen esquecer as vistas das torres da catedral desde a última planta”, segundo subliña Amor. O Libro de sinaturas do museo recolle glosas evocadoras dos tempos estudiantís e de agradecemento ás persoas que miran polo seu coidado e difusión.

Maniños e a Casa da Troia

A parróquia de Maniños en Fene ten unha considerable presencia na novela de Lugín, unha das obras máis editadas na literatura española do século XX. A novela romántica costumista na que o autor lembra os seus anos de estudiante en Santiago de Compostela conta con máis de 100 edicións impresas. Foi tamén levada ao teatro e ao cine en diferentes ocasións. A relación de “La Casa de la Troya” con Maniños derívase da amizade que entablou Pérez Lugín entre 1886 e 1891 en Santiago, co viciño desta parróquia de Fene, o que logo chegaría a ser coronel do Reximento de Artillería do Exército de Terra Antonio Garcia Naya, casado con Magdalena Leira Roquer. Magdalena era neta de Jose Roquer, industrial curtidor catalán que en 1838 establece no lugar do Souto Vello en Maniños unha fábrica de curtidos. Precisamente de ahí tomará o nome o protagonista de “La Casa de la Troya”, a quen Lugín chama Gerardo Roquer. O novelista visitou Maniños en varias ocasións, acudindo á vivenda situada no lugar do Outeiro, á casa do médico Don Guillermo, fillo de Magdalena. Lugín introduce na novela unha detallada descripción da parróquia dende a zona da ribeira, e subindo polo camiño no que se atopa o Pazo dos Orozco ou Montenegro. Nesa edificación, construida a comezos do século dezasete polo capitán Alonso de Orozco, viviu o capitán de fragata da Armada D.Jose Ramón Castro Montenegro, falecido en 1834. Así sinala describindo esta vivenda á que Pérez Lugín denomina na novela Pazo dos Castro:

“Levantou Gerardo o picaporte, empuxou a pesada porta, entrou e atopouse no espacioso adro dunha desas vellas e señoriais casas galegas que foron a un tempo pazo e fortaleza nos lonxanos séculos feudais e conservan na súa arquitectura pegadas da súa história. A esquerda, unida ao pazo por unha arcada con duas fiestras, alzábase unha capela ostentando sobre a súa porta debaixo da espadaña un noble escudo de armas; á dereita unha tapia, por diante da cal unha parra ofrecía o agrado da súa sombra, e ocupando todo o fondo, o señorío dun severo caserón pétreo de dous pisos, baixo e alto. Un ancho balcón de pedra sobre unhas típicas arcadas corría caseque a todo o largo do piso alto ata a porta de entrada, á que subia dende o adro, unha escalinata de granito. Sobre a porta campeaba o escudo de armas dos Castro coroado por un casco de fachendoso airón. As almeas do tellado e da pesadísima, ancha, pétrea cheminea, daban certa reminiscencia militar ao pazo”.

Sociedade