Pódcast do alemán ao galego

Pódcast do alemán ao galego
16 de Xaneiro, 2025 - 10:23 h. | Publicada por Radiofusión

Emisoras Municipais Galegas traballa na actualidade nunha iniciativa de investigación en novas tecnoloxías (LingoBridge) para utilizar co idioma galego aplicacións informáticas potenciadas por Intelixencia Artificial. En colaboración con AppWorks queren traducir e maneira inmediata e simultánea audios realizados en alemán, francés, inglés e nas restantes linguas predominantes na rede para o galego, euskera, maltés e gaélico irlandés. Trátase de apoiar a promoción e conservación destas linguas minorizadas facendoas máis accesibeis en medios de comunicación dixitais. Para o desenvolvemento desta iniciativa teñen solicitado a axuda da Comisión Europea a través da Creative Europe 2025.

Comisión Permanente de EMUGA

Foi unha das propostas debatidas na asemblea que Emisoras Municipais Galegas realizou esta semana nun local de Santiago de Compostela.

De medios locais a medios glocais

Na mesma cita tamén se debullou a iniciativa "De medios locais a medios glocais" realizada en colaboración coa Asociación de Emisoras Municipales de Andalucía, La Xarxa de Catalunya e a Red de Medios comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Neste 2025 impulsarán un concurso de pódcast para a Educación Secundaria sobre igualdade de xénero, cambio climático, pobreza e inmigración.

 

 

Na imaxe Armando Cascón (Radio Arzúa) Javier Dominguez "Drok" (Presidente de EMUGA, Alcalde de Corcubión e Radio Neria) Henrique Sanfiz (Radio Fene) Ana Santiago (EMUGA) Pablo Garcia (Radio Estrada) e Jose Angel Font (Radio Tui)

Sociedade

Publica o teu comentario agora