ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O pódcast "Clube de lectura" grávase este sábado no Hotel Bela Fisterra. Xirará en torno ao libro de Modesto Fraga sobre a obra de Ramón Marcote. Conversarán co escritor Antonio Tizón, o comunicador Pepe Formoso e o director de Radiofusión Henrique Sanfiz. Un problema persoal de última hora impedirá a participación de Toño Casais de Radio Neria. O evento realizarase o sábado ás 12 do mediodia no Hotel Bela Fisterra con entrada de balde ata completar aforo.
Un programa de éxito
Desde decembro de 2016 pasaron polo podcast “Clube de lectura” máis de 200 escritores e escritoras. Por espazo de 40 ou 50 minutos conversan de xeito demorado con 3 persoas que leron o seu libro. O programa emítese nas emisoras municipais galegas e tamén cólgase en Internet na páxina web www.radiofusion.gal O espazo promocionase en redes sociais como xeito de divulgar a literatura galega. As persoas que escriben, as editoriais e as librarías contan cunha ferramenta de promoción do libro moi acaída para chegar e gañar novos públicos. O mais destacado da literatura galega ten pasado polo podcast de Son Radiofusión “Clube de lectura”, un espazo que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Na imaxe Emma Pedreira nun dos episodios de "Clube de lectura". Fotografía: Xan Xe
Publica o teu comentario agora