Pódese

Pódese
04 de Marzo, 2020 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños de futbol-7 acadou unha victoria contundente fronte ao Discalzas. 8-1 acabou o marcador no Pote. Rebeca meteu catro, por dous de Cris e dous de Laura, que abríu o marcador xa no minuto 2 do encontro.

ESCOITA O PODCAST:

Si, pódese. Con esta breve frase o técnico do Maniños feminino, Carlos Gómez, convencerá ás xogadoras de que é posible gañar en Caranza o sabado dia 7. Xogan “o partido da temporada” en palabras de Gómez “que vale catro puntos”. Galicia de Caranza están primeiras e Cultural Maniños segundas, con 25 puntos cada equipo, só que as ferrolán teñen algún gol de vantaxe. No partido de ida, empataron a uns.

O coñecemento é mútuo. Afirma o técnico fenés que “custa meterlles gol e elas meten moitos”. Poñéndonos no suposto de que chegaran ao final da competición empatadas a puntos e goles, o que marcaría a diferencia sería este partido. Quen gane ten esa vantaxe, daí a súa relevancia. Gomez ten moitísima confianza nas súas xogadoras. A pesar das lesións, todas son importantes no equipo do Pote.

O primeiro partido da segunda volta da liga, Galicia de Caranza- Cultural Maniños, xógase o sabado 7 ás 16,15h no campo de Caranza.

(Imaxe do último encontro co Discalzas no Pote)

Deportes

Publica o teu comentario agora