Púidolles á presión

Púidolles á presión
04 de Maio, 2026 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

“Todo o que podía saír mal saíu peor”, resume o adestrador Gonzalo Beceiro o partido Perlío B 2-6 Mugardos B.

ESCOITA O PODCAST:

“Faltounos intensidade a nivel defensivo en toda a primeira parte”, recoñece o preparador físico. Foi por diante en todo momento o equipo de Mugardos que estreou o marcador cando so ían dous minutos de partido. Non considera o Gonzalo Beceiro que falte motivación senón que houbo dificultade para xestionar a presión fronte a un equipo que veu a xogar e divertirse. “Tiñamos unha boa oportunidade, na casa todo parecía de cara, pero tes esa presión de ter que conseguir un resultado, para min foi un erro de xestión da presión”, explica.

Deportes

Publica o teu comentario agora