Pablo García: “O grande inimigo do PSdeG é a abstención”

Pablo García: “O grande inimigo do PSdeG é a abstención”

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Os socialistas decláranse dispostos a fuxir da “lameira” na que se pode converter a campaña electoral á vista do cruzamento de acusacións entre partidos das últimas datas. O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, sostivo nunha entrevista en Radiofusión que “aínda que nos tenten enredar non imos entrar no xogo sucio”. Para convencerse, repite unha e outra vez a palabra “honestidade

Sobre a influenza que as críticas ao Goberno central poidan ter nos resultados dos socialistas nos comicios locais en Galicia, Pablo García concede que “sempre hai un desgaste e o temos que asumir”. Con todo, confía en que a cidadanía castigará aos partidos que prefiren o mal común con tal de chegar ao poder e sinala o exemplo de Portugal, onde as enquisas, afirma, sinalan que o Partido Socialista de Sócrates pode recuperar o mando. Chegado o momento, acepta os pactos cos nacionalistas: “O PSdeG asumirá o papel que lle queiran dar os cidadáns”, asegura.

García tamén valorou nas Emisoras Municipais Galegas as acusacións feitas contra o alcalde popular de Baltar, José Antonio Feijóo, quen anunciou que se querelará contra o socialista por acusalo de actuar con métodos “mafiosos” e “propios da camorra napolitana”. O número 2 dos socialistas galegos di “non entender nada” se é que o problema está no que el dixo e non no que sucedeu, en relación en supostas ameazas dirixidas polo rexedor do PP contra candidatos da oposición.

Sociedade