Pablo López e Bruno Carrodeguas en Canarias

Pablo López e Bruno Carrodeguas en Canarias
23 de Setembro, 2025 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

O judoka de Fene Pablo López quedou sétimo na Supercopa de España júnior en Gran Canaria. Bruno Carrodeguas obtivo o noveno posto. Bruno impúxose a Hugo Alonso de Cataluña e Michel Guerrero de Cantabria, perdendo en cuartos de final con Hugo García de Cantabria e en re-pesca con Aram Canovas de Valencia. Pablo perdeu os seus dous combates con Carlos Romero de Andalucía e Asier Notario de Cantabria, que lograron medallas de bronce. Alberto Castro desprazouse como adestrador. 

A AD Judo Ferrolterra desprazarase a vindeira fin de semana a Lugo para participar no stage e competición “San Froilán”. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora