Pablo Méndez arrufará a Fashion Night

Pablo Méndez arrufará a Fashion Night
16 de Xuño, 2021 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pablo Méndez amenizará musicalmente a xornada da Fashion night de Fene. Unha charanga arrufará as rúas céntricas da localidade xa no mediodía do sábado, segundo salientou o presidente da asociación O Cruceiro Juan Ramos. O directivo da entidade organizadora agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Begoña López, de El baúl de Bego

http://173.255.131.18/audio/160621LOPEZ.mp3

Juan Ramos, presidente da asociación do comercio O Cruceiro

http://173.255.131.18/audio/160621RAMOS.mp3

Begoña López, de El  baúl de Bego

Shopping, descontos, animación, música, baile, obradoiros e degustacións. De todo iso haberá nunha nova Fashion Night que o comercio de Fene organiza para o vindeiro sábado 19 de xuño. Sortearanse dous mil euros en vales de compra. Participan un total de 30 establecementos comerciais e de hostalería. Organiza a asociación do comercio O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene. 

Máis internacional

Fene preparase para vivir a súa Fashion Night máis internacional. Unha trintena de establecementos chiscarán un ollo a países do mundo, e haberá descontos, degustacións e pasarruas. De seis da tarde a doce da noite, o vindeiro sábado, o comercio de Fene vístese de gala. Jomer adicase a Costa Rica, Sanros a Australia, Lidia complementos a Francia e El Baúl de Bego a Haití. Mismores viaxará a Cuba, Berline Boutique á India, Dulzia a Suíza e Koralli a Hawai. E máis países. Loly Calvo escolleu Grecia, Academia Emee Irlanda, Un pedacito de mi México e Más Sport Tanzania. Motivos de Sudáfrica decorarán Mayka, de Japón Rotul, de España Bodegas Barral, de Jamaica Bualá e de Holanda Öptica Noroeste. Fusión Dance vestiráse de Estados Unidos, calzados Locay de Inglaterra, Costuras das Maldivas e Kenia naturalmente de Kenia. Dama nos levará a Brasil, Pachamama a Suecia, O Son de Cociña a Arxentina e O Encontro de Leo´s a Italia. Armenia protagonizará o Roibén, Alemania o Tivoli, Venezuela o Lembranza, Portugal o Bombay e Bélxica o Arrecendo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora