Pablo Milanés trae o seu Regalo a Narón

Pablo Milanés trae o seu Regalo a Narón

04 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Regalo é o título do último traballo do cantautor cubano Pablo Milanés. O album publicouse en agosto do 2008 e inclue cancións con sabor a jazz. De seguro que as súas pezas integrarán o núcleo central do concerto que Milanés ofrece mañá xoves no Pazo da Cultura de Narón. A actuación fixárase para o pasado 12 de febreiro, pero os destrozos do ciclón Klaus obrigaron a atrasar o evento.

As entradas para o concerto de Milanés puxéronse xa á venda nas taquillas do Pazo da Cultura de Narón ao prezo de 20 euros. A última actuación de Pablo en Ferrolterra rexistrouse o 7 de agosto do 2006 no parque municipal Raiña Sofía de Ferrol.

 

Comezou a súa carreira artística en 1965 con Mis 22 años. Desde aquela renovou a linguaxe da música tradicional de Cuba. Aos seus 65 anos continua cunha actividade envexable de producción musical e concertos.

 

Cultura