Pachú, un comercio onde atopar de todo

Pachú, un comercio onde atopar de todo
28 de Agosto, 2020 - 09:57 h. | Publicada por Radio Fene

O Outlet de Fene desenvolverase o venres e o sábado de dez da mañá a dúas da tarde e de cinco da tarde a nove da noite. O domingo entre as dez da mañá e as dúas da tarde. No evento poderán conseguirse todo tipo de artigos -principalmente moda, complementos e cousas para a casa-, con rebaixas que nalgúns casos poden chegar até un 70%.

ESCOITA O PODCAST:
Humberto e Celsa Basoa en Pachú

Pachú é o comercio que queda máis lonxe da vía principal do Outlet, pero tamén participa nel. Atópase en San Valentín, no baixo da Torre 3, sita na Avenida da Cooperación. É un negocio con moita historia detrás, xa que leva máis de medio século en funcionamento e nel podemos atopar de todo, dende téxtil e calzado ata somieres e colchóns.

No outlet ofertarán produtos de fin de tempada, pero non só téxtiles senón tamén de bazar. Lembran que, con cada compra, os clientes entrarán no sorteo dun vale por 200€ para gastar en calquera comercio de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora