Pagou a pena esperar

Pagou a pena esperar
28 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene soubo esperar e agora obtén propiedades da SAREB a un prezo reducido. Pagará 25.000 euros por 30.000 metros cadrados de solo. A alcaldesa, Sandra Permui, explicou en Radio Fene a compra de solo que xestiona o Concello co chamado “banco malo”, pendente so de formalizar.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello farase coa propiedade a un prezo moi inferior aos 70.000 euros que lle pedira a SAREB hai algún tempo. “É unha operación que supón unha oportunidade moi relevante para o Concello, que permite incorporar solo estratéxico a un custo moi reducido e planificar o seu uso en beneficio da veciñanza”. A alcaldesa explicou que é a segunda vez que a SAREB lle ofrece terreos en Mundín (Perlío) e un solar baleiro da Avenida Naturais de Fene, situado preto da parada de autobús existente na dirección Fene-Ferrol. “Soubemos esperar, este é o momento para a adquisición desas propiedades, cando a vivenda é o gran problema para moitos cidadáns, a espera pagou a pena”, conclúe Sandra Permui.

Institucional

Publica o teu comentario agora