Pagou a pena sufrir

Pagou a pena sufrir
20 de Febreiro, 2023 - 04:20 h. | Publicada por Radio Fene

Vitoria ampla do Maniños que sufriu pero clasificouse comodamente para a semifinal da Copa. Valdoviño 2-4 CD Maniños. O adestrador, Pablo Mesa fai autocrítica na súa análise do partido. 

ESCOITA O PODCAST:

“Ten a parte positiva de ter pasado a eliminatoria, pero o partido púxose da peor maneira posible, con un gol en propia meta e a sensación de que eles estaban mellor mentres a nós custábanos”. Comezou con mala cara o partido, pero ao avanzar o cronómetro foi a mellor. “Houbo un punto de inflexión, foi ao meter o 2-1. A partir de aí tivemos a sorte de empatar pronto e chegar ao descanso co empate. Na segunda parte fomos mellores”. “Con incerteza ata o final, foi sufrido pero ao final pasamos. O que conta é pasar. Nese sentido estamos contentos”, resume o técnico

Deportes

Publica o teu comentario agora