ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Garda Civil investiga o falecemento de dúas persoas, un home de 49 anos e o seu fillo de 21, localizados sen vida no interior dunha vivenda do municipio de Mugardos.

O achado dos dous falecidos produciuse sobre as dez desta mañá tras a alerta de familiares, que non tiñan noticias de ambos desde o pasado 24 de decembro. Ao acceder ao inmoble, os axentes observaron que o interior presentaba signos evidentes de sufrir un incendio, con diversas estancias afectadas polo fume e a calor. Os corpos foron localizados nunha das habitacións da vivenda. O inmoble foi asegurado e activouse o correspondente protocolo xudicial, quedando o caso baixo investigación, segundo informa a Garda Civil. As causas do incendio e do falecemento atópanse pendentes de confirmación, á espera dos informes técnicos e forenses correspondentes. Non se descarta que o falecemento puidese estar relacionado coa inhalación de gases derivados da combustión, extremo que deberá ser determinado pola autopsia.
Publica o teu comentario agora