Pais Vasco: aplicar conceptos industriais á promoción turística

Pais Vasco: aplicar conceptos industriais á promoción turística

21 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

536 quilómetros separan Ferrol de Bilbao. Por estrada estímase un tempo de duración da viaxe de 6 horas e 13 minutos. Ao Pais Vasco e a Bilbao propoñemos realizar unha escapada para gozar da súa oferta cultural, de lecer e gastronómica.

A gastronomía, a paisaxe verde, as praias cercanas ás cidades e aos grandes contenedores culturais. Son algúns dos valores que quere vender Euskadi para atraer turismo neste ano de crise. Os vascos contan cun Plan de Marketing innovador que pretende aplicar conceptos industriais á xestión turística. A catedral de Vitoria co seu programa Aberto por obras, o Museu Chillida en San Sebastian ou o Museu Gugenheim en Bilbao. Esas son ofertas culturais do Pais Vasco segundo o xerente da axencia de promoción turística Iñigo Uriarte.

No mercado nacional aplicarán estratexias directas para captar ao denominado público cautivo, con especial incidencia en Madrid e Barcelona, lugar de procedencia da maioría dos turistas de anos anteriores. Tamén incentivarán as visitas procedentes fundamentalmente de Francia e doutros paises do entorno máis inmediato.

Sociedade