ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) celebrará unhas xornadas centradas nas paisaxes atlánticas resilientes en transición ambiental. O centro, ao que se incorporaron no mes de xuño máis de 80 investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, protagonizará este espazo de encontro no Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, entre os días de 19 e 21 de outubro. O evento desenvolverase en cinco sesións que combinarán conferencias maxistrais con mesas redondas de diálogo.
O CISPAC pretende ser referente no panorama internacional das humanidades e das ciencias sociais, abordando un estudo transdisciplinar a través de cinco campos de traballo: paisaxes que teñen xente, paisaxes que producen, paisaxes gobernadas, paisaxes que teñen patrimonio e paisaxes visitadas.
Na inauguración das xornadas participarán o Ministro de Universidades D. Joan Subirats Humet, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio López Díaz e o Reitor da Universidade da Coruña Julio Abalde Alonso
Nas xornadas trataranse asuntos relacionados coa demografía, a transición ambiental, o patrimonio atlántico ou a globalización. Estarán compostas por persoal investigador de universidades internacionais, como a intervención de Saskia Sassen, socióloga da Columbia University e premiada co Príncipe de Asturias no ano 2013. Haberá tamén representación do Instituto Universitario di Firenze, da Universitat de Barcelona ou da Universidade de Lisboa, entre outras.
O evento permanecerá aberto ao público baixo inscrición previa.
Na imaxe igrexa e casa reitoral de Barallobre (Fene)
Fotografía: Xan Xe
Publica o teu comentario agora