Paixón e creatividade

Paixón e creatividade
15 de Marzo, 2023 - 10:36 h. | Publicada por Radio Fene

Ata México teñen chegado os postres de Happy Bake. Recolleron a larpeirada na tenda e xa lles avisaron que o encargo ia cruzar o Atlántico. Ao chegar alá, mandaron unha foto para testemuñar que chegou intacto. Outra das lambetadas persoalizadas alude aos cadros de Van Gogh

ESCOITA O PODCAST:

Happy Bake naceu en Fene no ano 2017. A paixón e a creatividade levaron a Alicia a poñer en marcha este obradoiro de pastelería no que tamén traballan Vanesa e Ivana. Personalizan tódolos seus doces con moito agarimo sorprendendo cada día á súa clientela. Os cupcakes son os seus produtos estrela. Teñen formato de madalena pero, en realidade, son como una porción de tarta individual. Tamén as tartas personalizadas, tematizadas e sen glute para todo tipo de eventos saen cada día deste obradoiro que conta co seu punto de venda en Narón. “Ao principio tiñamos un mostrador aquí en Fene pero, por sorte, quedóusenos pequeno o local e tivemos que sacar o punto de venda a Narón”. As encargas poden facerse na tenda o por teléfono de mércores a sábado tanto pola mañás como polas tardes.



Na imaxe, Alicia e Vanesa no obradoiro de Happy Bake en Fene

Fotografía: Xarda.

Sociedade

Publica o teu comentario agora