Paixón en Ordes pola voz de Tania Veiras

Paixón en Ordes pola voz de Tania Veiras

01 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Que o Concello de Ordes é terra de bos músicos é algo indiscutible dado o nutrido número de grupos e artistas que ocupan un lugar destacado no panorama musical da nosa terra. Pero a todos eles hai que engadir un novo nome que pouco a pouco estase a facer popular máis aló da liña que marca os límites do municipio, o de Tania Veiras. Esta rapaza oriunda de Beán está a ser unha das favoritas do novo concurso musical Recantos emitido polo pro

Recén estreada a súa aolescencia Tania xa aprendeu a encandilar a un auditorio. Case non tiña cumpridos os 15 anos cando o público que ateigaba a Casa da Cultura de Ordes corroboraba cos seus aprausos o primeiro posto que acadaba no Festival da Canción que se celebraba nesta vila. Unha sensación de éxito que volvería a experimentar ó ano seguinte cando novamente se alzaba como gañadora indiscutible entre máis dunha veintena de participantes. En ambos casos escolleu para a ocasión dous temas dunha das súas intérpretes favoritas, senón a que máis, Pasión Vega.

Este foi o punto de partida dunha rapaza autodidacta que con esforzo, empeño e moita ilusión foi perfeccionando o seu estilo, técnica e cualidades. Todo esto esforzo non caeu en saco roto e levouna ata os últimos castings de Operación Triunfo. O soño de participar no programa que supuso un punto de inflexión nas carreiras de xente como David Bisbal ou Bustamante non puido ser, pero Tania voltou para a casa con orgullo e coa sensación de non ter perdido o tempo. Xa no ano 2008,  acadaba o segundo posto no concurso Canteira de cantareiros dentro mesmo programa no que participa actualmente, o Luar.

“Son moitos os estilos musicais e cantantes que me gustan, dende Pasión Vega, pasando por Pablo Alborán, Isabel Pantoja ou María del Monte”, comenta Tania Veiras que tamén asegura que o que máis lle gustaría sería “poder vivir da música” e poder cantar as súas cancións. Pero como muller da súa terra Tania síntese cómoda e orgullosa de cantar na súa lingua. Centos de veciños e veciñas aínda reteñen na memoria a actuación que este pasado verán ofreceu na parroquia de Santa Cruz de Montaos. Alí interpretou o tema Lela acompañada da eurovisiva Lucía Pérez.

Cultura