Paixón polo queixo

Paixón polo queixo
11 de Setembro, 2026 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Preparativos en Sillobre para a celebración da Segunda Feira do Queixo. Terá lugar o sábado día 26, segundo avanzaron en Radio Fene a presidenta da sociedade Agarimo, Eva Fraga, e Eloy Seijas, da Gandería Sillobre.



 

ESCOITA O PODCAST:

Haberá postos de queixos artesáns, mel e outros produtos da terra, artesanía, música tradicional, showcooking e polbo. Desde as 10 da mañá ata as 18.30 horas. Será un día de gozo para todas as persoas amantes do queixo. Pendente de pechar o número definitivo de postos, hai confirmados xa dezaseis queixarías da comarca e doutros lugares do país e tamén de Portugal.  Desde a organización agardan repetir o éxito da primeira edición na que houbo moita afluencia de xente e boas vendas.  

Sociedade

Publica o teu comentario agora