Paixón polo teatro

Paixón polo teatro
01 de Xuño, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“Cun sorbiño de champaña”. Velada de teatro este domingo en Sillobre. A Escola de Teatro Juan López Allegue promete diversión ao público asistente á función. No local social da sociedade Agarimo, ás sete da tarde, con entrada libre e para todos os públicos.

ESCOITA O PODCAST:

“En Fene hai moito amor polo teatro e en Sillobre o local sempre está cheo”, asegura Mari Carmen Martínez, directora e guionista desta comedia de enredo ambientada nunha noite de fin de ano. A función supón a volta aos escenarios do grupo logo do paréntese da pandemia. “A última actuación foi en xaneiro de 2020”, pero a compañía está en plena forma. “Como andar en bicicleta, unha vez que aprendes é para sempre, a xente que estamos en grupos afeccionados vivímolo con paixón”. O teatro amador vívese con paixón “todo o mundo facemos de todo”. E as datas de estrea son especiais “hai unha carga especial o día da estrea, é máis emoción que nervios”.

Cultura

Publica o teu comentario agora