Paixón turca

Paixón turca
12 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

De Fene a Turquía. Nunha viaxe organizada para a semana da ponte de decembro. Ana Rodríguez Loureiro retomou hoxe a súa colaboración con Radio Fene logo de darlle unha voolta ao seu negocio, bautizado agora coas iniciais do seu nome, Arlo, na rúa da Fraga.

 

ESCOITA O PODCAST:

Quedan poucas prazas para unha viaxe a Turquía, do 1 ao 8 de decembro, que sairá en bus desde Fene para coller un vo directo no aeroporto do Porto. En Turquía visitaranse lugares turísticos como Esmirna, Pamukkale, a Capadocia, Ankara e Estambul. Organiza a axencia de viaxes Arlo, de Ana Rodríguez Loureiro, que acompañará ao grupo de persoas que farán a viaxe.

Sociedade

Publica o teu comentario agora