Palabra e Memoria

Palabra e Memoria
13 de Agosto, 2025 - 01:56 h. | Publicada por Radio Fene

“Palabra e Memoria” é o proxecto de investigación sobre o uso do galego nos camposantos de Galicia. O proxecto, enmarcado como unha iniciativa de Educación Social, está coordinado polo profesor de lingua Galego-Portuguesa Bernardo Penabade.

ESCOITA O PODCAST:

Penabade, un referente no mundo da normalización lingüística por lanzar desde o IES Perdouro o Modelo Burela, e o Proxecto Neo, é tamén, desde 1983, membro da AGAL, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Este proxecto nace coa convicción de que a educación de calidade, entendida nun sentido amplo, pode tamén estar fóra das aulas é converterse nunha ferramenta de transformación social. “Palabra e Memoria” é un traballo de pescuda sobre a utilización dun elemento de comunicación principal como é a lingua galega e céntrase nun traballo de pescuda, realizado por investigadores voluntarios, sobre a presenza da lingua galega dentro dun ámbito público como son os cemiterios e abrangue unha catalogación das inscricións funerarias que nesta lingua existen nos camposantos de toda Galicia. 

Un proxecto aberto á sociedade, con investigadores voluntarios no que hai unha permanente aprendizaxe, Palabra e Memoria comezou a funcionar no 2004 en Burela, e que, a día de hoxe ofrece datos duns 50.000 panteóns de todo o territorio galego. O último “testamento” da cidadanía 

O ODS número 4 fai referencia a unha Educación de Calidade, este proxecto de educación non formal fai da educación social, esa ferramenta pedagóxica baseada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, unha proposta de desenvolvemento que pretende facer posible a incorporación de todas as persoas a unha educación entendida como o desenvolvemento da sociabilidade e a circulación social, da promoción cultural e social, que permitan ampliar as perspectivas educativas, laborais, lecer e participación social. 

Fotografía: B. Penabade

 

Cultura

Publica o teu comentario agora