Palabras de marzo de 1972

Palabras de marzo de 1972
11 de Marzo, 2022 - 09:58 h. | Publicada por Radio Fene

As folgas obreiras de 1972 marcaron de forma definitiva o perfil do movemento obreiro galego nos anos finais da ditadura de Franco Na cidade de Ferrol as folgas foron dirixidas por militantes de Comisións Obreiras e tiveron o seu epicentro na empresa Bazán. Nos sucesos do 10 de marzo a policía franquista disparou contra a marcha que reclamaba un convenio colectivo de factoría. Caeron sen vida Amador Rei e Daniel Niebla. Cumpríronse onte cincuenta anos daqueles sucesos.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Maite Martínez Pardo

http://173.255.131.18/audio/VOCESMARZO.mp3

Mural "Mar e ferro". San Valentín. Fene

Numerosos actos lembraron os feitos. Escoitamos de seguido as voces dalgúns dos protagonistas daqueles sucesos. No arquivo sonoro de Radio Fene atopamos as palabras dos que xa nos deixaron. Cinco homes e mulleres que viviron na comarca aqueles feitos e que xa faleceron. Eran as palabras de Xosé María Riobó, dirixente de Comisións Obreiras e xurado de empresa de Bazan en 1972, Manuel Amor Deus, dirixente de Comisións que pasou 4 anos no cárcere, Julio Aneiros, ferido de gravidade o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, Xosé Fernández Barcia, sindicalista nacionalista e ex alcalde de Mugardos. Paloma Rodríguez, mestra no colexio Centieiras de Perlío, representante do PSOE e activista do feminismo, falecida hai un ano e homenaxeada este oito de marzo polo Concello de Ferrol, falaba do patriarcado e das súas publicacións. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora