Palestras en Ourense polo aniversario do 15 M

Palestras en Ourense polo aniversario do 15 M

02 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Membro fundador de “A Xoaniña, Cooperativa de Consumo Responsable” de Ferrol, Xan Martínez, participa  hoxe, 2 de maio ás 8 da tarde, no II Ciclo de palestras “Creando Alternativas” co que Asemblea Aberta Ourense conmemora o segundo aniversario do 15M.  Xunto con Víctor Barro, falarán de Consumo e Economía Social, no Salón Noble do Liceo de Ourense. Abordarán o Consumo responsable: a súa importancia como

Por estas palestras, que se abren esta tarde e rematarán o 5 de xuño, pasarán xentes como a xornalista Rosa Mª Calaf o 8 de maio, para falar de “Cando se instala a mentira.Outro xornalismo é posible”. O dia 15 intervirá Fiare- Finanzas éticas. Carlos Taibo contestará á pregunta, Por qué o decrecemento? o dia 22 de maio. Completan as Palestras, Jorge Álvarez Yáñez o dia 29, falando de "Desobediencia civil" e pecha o dia 5 de xuño, Tereixa Otero Dacosta, falando de “Soberanía alimentar e feminismo”.

Sociedade