ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene celebrará este sábado, 25 de abril, unha nova edición da xuntanza de palilleiras, unha cita xa consolidada que reunirá no pavillón da Xunqueira, en San Valentín, a un total de 25 escolas e 316 palilleiras. A actividade desenvolverase en horario de 10.30 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.00 horas pola tarde, configurándose como un amplo espazo de encontro arredor do encaixe de palillos, pero tamén de outras técnicas artesanais como o bordado, a calceta ou o patchwork.

Ademais, a xornada complétase coa presenza de diferentes traballos artesanais, nun ambiente aberto e participativo que favorece a convivencia, o intercambio de coñecementos e a posta en valor destes oficios tradicionais.
Un saber transmitido entre xeracións
A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, destacou que “esta xuntanza é unha mostra do valor que teñen as nosas tradicións e o traballo artesanal, que forma parte da nosa identidade colectiva”. A rexedora subliñou tamén que “eventos como este permiten manter vivo un saber que se transmite de xeración en xeración, ao tempo que xeran espazos de encontro e participación”.
Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, puxo en valor a dimensión do evento, sinalando que “a participación de máis de 300 palilleiras e 25 escolas confirma o interese e a vitalidade desta actividade, que ademais contribúe a dinamizar a vida social e económica do concello”.
Desde o Concello de Fene anímase á veciñanza a achegarse ao pavillón da Xunqueira para coñecer de preto o traballo das palilleiras e desfrutar dunha xornada dedicada á tradición e á artesanía.
Fotografía Xan Xe
Imaxe da X Xuntanza de Palilleiras 2023.
Publica o teu comentario agora