Palleiro de raza

Palleiro de raza
12 de Setembro, 2022 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene ofrece desde este luns unha exposición sobre o can de palleiro. Na mostra expóñense 40 imaxes que descfriben as características morfolóxicas desta raza. O Club da Raza Can de Palleiro organiza a exposición contando coa colaboración do Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Ata o día 29 poderá visitarse en Fene a exposición sobre o can de palleiro, que forma parte das actividades nas que traballa o Club dedicado a preservar a raza e a dala coñecer debidamente, como explicou en Radio Fene o presidente da entidade Juan Carlos Puente. O can de palleiro, compañeiro de fatigas de labregos e gandeiros no rural, ten hoxe o recoñecemento que merece, superados os tempos nos estaba tan extendida a opinion infundada de que non tiña raza de seu que ata o recollía así a Real Academia Galega no seu diccionario. Hoxe goza do recoñecemento que lle dá a declaración de raza autóctona de Galicia, pero aínda está en risco de extinción. Aínda que a súa situación é moito máis favorable que a das outras tres razas de cans autóctonas de Galicia, o perdigueiro, o podengo e o guincho, todos eles cadelos de caza. Calculase que hai uns 3.000 exemplares de cans de palleiro, a maioría en Galicia, pero tamén os hai noutros lugares de España e en países como Marrocos.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora