Pan e poesía

Pan e poesía
17 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Sempre hai unha certa tendencia de volver á terra, pegarse ao minifundio, ao sentir da Galicia rural. Anxo Mena trouxo a Fene pan de Carral, elaborado co cereal cultivado na terra da familia. Presentou “Alimentar canarios con ovos da casa”. O título do libro, premiado  no Pérez Parallé e presentado o pasado sábado nun acto no Círculo de Fene, intenta explicar e propiciar a reflexión en torno á dualidade entre a realidade urbana e rural na Galiza dun xeito metafórico. 

Fotografía Xan Xe

Anxo Mena é o segundo premio que gaña en Fene. Venceu no Certame de cartas de amor convocado por Radio Fene e o Premio Pérez Parallé en 2021. O autor é doutor en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo. Especializado en Paleoceanografía e Sedimentoloxia, temas nos que segue a investigar. Traballa no Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo. Obtivo o Premio de Poesía Andoriña Voandeira en 2011, Díaz Jácome de Mondoñedo en 2012 e Universidade de Vigo en 2015. A esta edición do premio Pérez Parallé preséntaronse 57 traballos e moitos deles de gran calidade segundo o xurado. Anxo Mena, natural de Carral e residente en Cangas. Leva tempo escribindo e motivouno o prestixio do premio Pérez Parallé e o feito de ser unicamente para persoas noveis, que non teñan publicado ningún libro de seu.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora