Panamá e Saudade en San Valentín

Panamá e Saudade en San Valentín
24 de Xaneiro, 2025 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

San Valentín terá festas neste 2025. A comisión organizadora xa pechou o cartaz que inclúe a orquestra Panamá e grupo Pasión para o sábado quince de febreiro. A orquestra Saudade arrufará a verbena do venres catorce de febreiro. Todas as actividades discorreran baixo carpa. Organizan tamén unha gran churrascada veciñal con sesión vermú para o domingo dezaseis de febreiro ás dúas e media da tarde. Véndense os billetes na biblioteca do CPS ao prezo de 12 euros por persoa.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Héctor Castro e Juan Carlos López, da comisión de festas de San Valentín:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/240125CASTRO.mp3

Fotografia Xan Xe

A comisión de festas de San Valentín traballa intensamente na preparación dos festexos. Organizan un bingo para o un de febreiro. Xa realizaron un no pasado mes de xaneiro e foi un éxito de  participación. Por iso, animáronse para organizar un segundo evento desas características. A orquestra Panamá e Saudade arrufarán os festexos baixo carpa no paseo marítimo de San Valentín. 

 

 

Imaxe festas de Perlío. Agosto 2024.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora