Pancho Allegue na memoria, dez anos despois

Pancho Allegue na memoria, dez anos despois

03 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cúmprense dez anos do falecemento de Francisco Allegue Tenreiro, quen fora concelleiro do BNG de Fene entre os anos 1987 e 2005. Faleceu o 4 de setembro dese ano, deixando horfa a unha corporación municipal que, dende un a outro extremo político, sentíu pesar pola súa desaparición. Deixou horfo tamén a un BNG que poñía nel todas as miradas para ser o sucesor de Rivera Arnoso como candidato á alcadía de Fene nos seguintes comi

Pancho Allegue, que destacou como promotor do emprego entre a mocidade de Fene, ten hoxe unha placa que así o acredita na fachada da Área de Emprego municipal. Pero tamén as sociedades veciñais e culturais deixaron o seu agradecemento ao labor do concelleiro prematuramente desaparecido, co monumento que ergueron por suscripción popular no parque Castelao de Fene. Un monolito no que cada ano o BNG e veciños e veciñas, de xeito particular, réndenlle un sentido recordo.

Este ano non será unha excepción. Máis se cabe cando se cumpren dez da súa desaparición. O BNG convoca ese acto no Parque Castelao o domingo día 6 ás 12 da mañá. Nesta ocasión o concello súmase ao décimo cabodano realizando, no mesmo acto, unha ofrenda floral.  

Pancho Allegue faleceu na madrugada do 4 de setembro de 2005 e as súas cinzas depositáronse no cemiterio veciñal de Sillobre na presencia de milleiros de persoas, compañeiros de Astano, do nacionalismo no que sempre militou, de amigos e amigas pero tamén de veciños e veciñas que apreciaron o seu labor civil por un Fene mellor.

Sociedade