Pandemia, guerra, gasolina, electricidade

Pandemia, guerra, gasolina, electricidade
16 de Marzo, 2022 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

A pandemia do coronavirus, a guerra en Ucraína, a suba dos prezos da electricidade e dos combustíbeis. Son noticias negativas que se suceden sen tempo para o descanso. O psicólogo José Barcia advertiu esta mañá na Fenestra de Radio Fene das posíbeis consecuencias. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Maite Martínez Prieto

E moi difícil adaptarse a esa acumulación de malas noticias. Moitas informacións usan unha linguaxe apocalíptica. Estamos nun momento especialmente difícil. Se non podemos facer nada, respondese con medo, desasosego, malestar e sufrimento. Pero o que podemos é controlar o tempo de recepción dese tipo de informacións. A primeira recomendación do psicólogo é controlar o tempo de exposición a ese tipo de informacións. Temos que coñecer o que pasa no mundo, pero cada un de nós pode controlar o tempo de seguimento desas noticias. Non deixar que situacións dramáticas envolvan a totalidade das nosas vidas, afirma José Barcia. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora