Papa Noel recibe a nenos e nenas de Ferrol

Papa Noel recibe a nenos e nenas de Ferrol

19 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Papa Noel instalou o seu iglú xigante na Praza de España de Ferrol. Recibe alí aos pequenos todos os dias entre as cinco da tarde e as nove da noite. Permanecerá neste lugar ata o xoves dia 23. Dentro do programa das festas navideñas, o Tren Nadal percorre todos os dias ás rúas da cidade, nunha iniciativa impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación de Comerciantes do barrio da Magdalena.

O grupo Brétema realizará ás seis e media da tarde do luns un pasarrúas polo centro da cidade. O ente municipal programa ademáis unha nova edición de CUFO Nadal, con actividades entre as 17,30 e as 20,30 horas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Desenvolvense na Ludoteca municpal e na carpa instalada no Cantón de Molíns.

Sociedade