ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os pais e nais do IES de Fene queren saber as razóns da paralise da ampliación do centro. O director confirmou unha partida para a renovación da calefacción do centro.
Un centro que desde a sua segregación do de Formación profesional dende hai dous cursos, carece de ximnasio propio e aulas de debuxo e tecnoloxía que deben compartir de momento entre os dous. Ao parecer, problemas burocráticos impediron executar esas obras de ampliación na parcela que o concello debía ceder á Consellería de Educación. Perdéronse 1 millón 200 mil euros de subvención destinada a esas obas de ampliación por eses problemas burocráticos. Os pais e nais queren coñecer de primeira man, do alcalde Iván Puentes onde está o problema e como se vai solventar no futuro. Os pais e nais celebraron onte asamblea no IES de Barallobre tamén para solucionar o problema do mal funcionamento da calefacción do centro. O director informou que xa está aprobada unha partida de diñeiro para a instalacion dunha nova caldeira, tuberías e radiadores. A delegación privincial comprometeuse a executar as obras durante o verán. Tamén informou Xoan Vázquez do investimento de 34.000 € para o arranxo da cuberta e canalóns do instituto fenés, para paliar os danos sofridos no último temporal. Esas obras acometeránse de inmediato.