París de Noia atraerá a Maniños a milleiros de persoas

París de Noia atraerá a Maniños a milleiros de persoas

04 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A semana máis festiva en Fene comeza nesta xornada. Pasado mañá mércores seis de agosto celébrase unha das dúas festas locais. Tanto Fene como Maniños honran ao seu patrono, o Divino Salvador. No campo da festa do Pote milleiros de persoas asistirán nesa xornada á actuación da orquestra París de Noia.

Fene inicia a semana de maior concentración festiva do ano. Mañá martes pola tarde a comisión de festas de Fene iniciará o percorrido pola parroquia cos gaiteiros. Xa o mércores seis festa local na honra do Divino Salvador. Despois da procesión arredor da unha e media do mediodia, a pirotécnica Millarengo lanzará unha espectacular figura. Tocarán en Fene na verbena da noite, Enclave e Os Satélites.

O mesmo dia en Maniños, a orquestra París de Noia e o grupo Pasión actuarán diante de milleiros de persoas. O xoves sete, Dia do San Roque en Fene. A verbena en Fonte do Campo contará co grupo Pasión e a orquestra Poceiro.En Maniños ese mesmo dia toca a orquestra Filadelfia e o grupo Fusión.

 

En Perlío, o San Estevo collerá o relevo das festas de Fene e Maniños. O venres oito celébrase a Festa do mojito coa animación musical de Mister Omar. A orquestra Panamá tocará en Perlío na noite do sábado, mentras que Fania Show actuará o domingo.

Sociedade