Para animar á parróquia

Para animar á parróquia
23 de Xaneiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Animar a parroquia. Ese é o obxectivo co que Lorena Méndez abriu o Bar A Parada, un local de moita traxectoria pero que levaba certo tempo pechado. A xente nova de Maniños cada vez ten menos locais onde parar. Puxeron un futbolín e contan cun local amplo. Intentan poñer pinchos variados con todas as consumicións. Teñen unha terraza pequena que tamén permiten utilizar sempre gardando as distancias de seguridade que marcan a situación sanitaria. 

ESCOITA O PODCAST:

Lorena Méndez do Bar A Parada 
http://173.255.131.18/audio/200122MENDEZ.mp3
Fotografía: Xan Xe Corral

Lorena Méndez, do bar A Parada

Lorena Méndez do bar A Parada (Fotografía Xan Xe Corral)

O italiano Luigi Pulzoni levou durante moitos anos o Bar A Parada de Maniños. Despachaban lotería e congregaban moitas persoas os domingos pola tarde para ver o fútbol. Anteriormente rexentaba o establecemento Maruja a de Celestino. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora