Para chocos, Redondela.

Para chocos, Redondela.

27 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O DOG publica hoxe e resolución  da Consellería de Medio Rural e do Mar, pola que se establece un período de veda para a captura do choco na ría de Vigo. A veda queda establecida para esta especie dende o 20 de agosto ata o 21 de outubro de 2013.

A veda queda establecida para esta especie por dentro das liñas de referencia do anexo III que aparecen reflectidas no Decreto 15/2011 (zonas máis interiores das rías) dende o 20 de agosto ata o 21 de outubro de 2013.

Este Decreto, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da nosa Comunidade, establece que as embarcacións menores de 2,5 TRB ou 1,75 GT poderán utilizar trasmallos por dentro do anexo III a unha distancia mínima de 100 metros da costa ou a unha profundidade mínima de 5 metros, no período comprendido entre o 1 de decembro e o 30 de abril, salvo o período en que se decrete a veda temporal dalgunha especie ou zona.

Esta medida enmárcase no establecido pola Lei de Pesca en relación coa conservación e xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, no sentido de establecer que a política da Administración da Comunidade Autónoma terá como obxectivo o establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos.

Sociedade