ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Comeza o reto gastronómico da hostalaría de Fene. A XVI edición do Concurso de Tapas reúne sete establecementos que ofrecerán as súas creacións do 10 ao 19 de abril en horario de fin de semana. As tapas terán un prezo único de 2,50 euros, e haberá premios para a clientela e para os locais participantes. Desde o Concello de Fene animaron á veciñanza a participar nesta nova edición do concurso, que conta con apoio económico da Deputación da Coruña e supón unha aposta pola hostalaría de proximidade e contribúe a dinamizar a vida social e económica do municipio.

Todo listo nas cociñas dos locais participantes no certame de Tapas como puidemos comprobar esta mañá en Radio Fene. Fixemos un percorrido polos establecementos participantes a ver como levan os preparativos e para que nos deran un adianto sobre as súas propostas. O Amarizaflor compite cunha tapa que leva o mesmo nome do local. No Arrecendo apostan pola súa Explosión de Carrillada. Na Cantina da Asociación Veciñal de Limodre poderemos saborear o Taco do mar. Coa súa Tosta de carne e pasas compite o Bombay. Caprese do corral é a proposta coa que nos seducen no Lembranza. O Son de Cociña alumearanos co seu Faro do Son. Desde o Pachamama contaron como é a súa tapa de nome contundente, Cojonudo Pachamama.
Ademais de gozar das propostas gastronómicas, a clientela poderá participar na ruta de tapas (FENERRUTA) e optar a diferentes premios mediante votación, incentivando así a participación e o percorrido polos distintos locais. E os establecementos optarán aos galardóns ás mellores tapas concedidos pola clientela e por un xurado profesional.
Publica o teu comentario agora