Para exercitar a memoria

Para exercitar a memoria

13 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene organiza un obradoiro para a prevención de trastornos emocionais e exercitar a memoria. Trátase dun curso dirixido a persoas coidadoras, denominado de entrenamento cognitivo. Dentro do programa Ben.estar coidando, tamén se programa un obradoiro de cociña saudable. Explicaránse dietas específicas para persoas con colesterol e hipertensión.

O Concello de Fene anunciará proximamente as datas e lugares de realización do obradoiro para a prevención de trastornos emocionais e máis do curso de cociña saudable. Moi posiblemente desenvolveránse a finais de outubro ou comezos de novembro. Todo dentro do programa Ben.estar coidando.

Institucional