Para manterse activos

Para manterse activos
26 de Setembro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aprender, facer cousas e relacionarse axudan a chegar a vello en mellores condicións. O Concello de Fene ofrece cursos e actividades para maiores de 55 anos dos que informaron o concelleiro de Benestar, Manuel Polo, e a pedagoga municipal, María Xosé Paz.  

ESCOITA O PODCAST:



A Concellería de Benestar de Fene ultima estes días os cursos e actividades para maiores que ofrecerá este curso á veciñanza. “Unha vida activa, que a xente maior teña un punto de encontro na parroquia, unha razón para saír, porque canto máis activos esteamos con máis independencia poderemos vivir”, di o concelleiro de Benestar. A programación dará comezo a mediados do mes de outubro. Como en anos anteriores, o Concello pon a disposición das persoas maiores de 55 anos estes obradoiros gratuítos en estreita colaboración coas sociedades. Nos seus locais terán lugar as actividades coas que se pretende manter activos tanto a mente como o corpo e facilitar a convivencia das persoas maiores na parroquia. “Hai dous obxectivos, o individual de activar a mente e tamén dar valor á parroquia”, apunta a pedagoga do Concello de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora