ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Non queremos perder a identidade, afirmaron as persoas organizadoras do Entroido de Samede, en San Xulián de Vigo, Paderne. Bonitos, carolos e vexigueiros desfilaron nunha comitiva que percorreu boa parte das vivendas do lugar e rematou co baile da tradicional muiñeira cruzada. Un xantar, o enterro do policarpo e unha foliada integraron esta festa recuperada en 2015. O sol acompañou a celebración nunha xornada de domingo na que Samede recibiu a visita de moita xente participante do Entroido máis enxebre e máis natural da comarca das Mariñas.

De onde vimos? Que lle debemos á xente que nos precedeu? Que compatirmos con eles? Esas preguntas faise a organización do Entroido de Samede. Eles non queren un Carnaval espectáculo, teñen algo que contar, devolver a historia dunha aldea, de como celebraban unha festa moi sentida. Divírtense, troulean, cantan e bailan. van "revestidos", non disfrazados, e rebosan autenticidade.
Publica o teu comentario agora